Cultura

FETEGA ofrece tres días de teatro galego na 32 edición

photo_camera La villa acoge del 5 al 7 de septiembre la 32ª edición del Festival do Teatro Galego

A programación contempla tamén monólogos, espectáculos nas rúas e mesas redondas

Teatro, monólogos, espectáculos de rúa e mesas redondas encherán de actividades culturais a vila do Carballiño coa celebración, do 5 ao 7 de setembro, da 32 edición do Festival de Teatro Galego “Celso Parada” (FETEGA), unha cita co mundo da escena na que destaca a estrea, fóra de concurso, dunha nova produción do Centro Dramático Galego (CDG) titulada “Serva me, serbato te”. 

O festival foi presentado no centro cultural Marcos Valcárcel coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director de FETEGA, Carlos Ledo; o concelleiro de Cultura do Carballiño, Diego Fernández; e o director do CDG, Fran Núñez.

Rosendo Fernández destacou na súa intervención que “a vila do Arenteiro vestirase de gala para acoller, nunha edición máis, un festival que se supera ano tras ano e se consolida como unha das citas máis antigas e de referencia no mundo do teatro en Galicia”. 

A FETEGA inclúe, como recoñecemento á profesión dos programadores, a entrega do premio de honra “Dorotea Bárcena 2021” a Marta Núñez, “por unha intensa actividade non só recoñecida pola súa labor á fronte do Auditorio Municipal de Vigo, senón tamén por xerar ideas que marcan tendencia e demostran a súa visión ampla nun dos postos máis descoñecidos polo público e de maior dificultade”.

En canto á programación, o día 5 de setembro no Auditorio Manuel María, está programada a estrea da obra do CDG “Serva me, servabo te”; o luns, será a quenda para a compañía Traspediante coa obra “Bailar agora”; e na última xornada, La Quintana Teatro estreará “O Premio”. Todas ás 22,00 horas.

Polo que respecta aos monólogos, o día 5 na Casa da Cultura, Patty Diphusa-Malala Ricoy presenta o seu traballo “Sexo seguro, seguro? Seguro!”; a compañía O Chuso de Catoira
interpretará o día 6 “Un vikingo no Fetega”; e no último día do festival, Marta Doviro falará das súas “Memorias dunha rapasa na costa”, ás 19,00 horas.

Como actividades paralelas haberá teatro de rúa con Barafunda e no auditorio están programadas dúas mesas redondas que abordarán “A violencia de xénero escondida na arte, e o amor versus a sexualidade: ferramentas de subxugación ao rol feminino”. O festival pecharase coa entrega do citado premio de honra, así como dos galardóns á mellor actriz e actor, ao mellor espectáculo e monólogo cómico. Carlos Ledo subliñou que “presentamos unha programación reducida debido ás actuais condicións, pero cun gran espírito de recuperación para amosar, unha vez máis, que este festival ten personalidade propia, programa de xeito diferente e atende outras artes escénicas como a danza”.

Calendario de las actividades del FETEGA: 

Domingo 5

  • 11,00 - A Rede Social - Barafunda
  • 18,00  - A Rede Social - Barafunda
  • 19,00 - Sexo seguro seguro? Seguro - Malala Ricoy
  • 21,20 -  - A Rede Social - Barafunda
  • 22,00 - Serva me, Servabo te - CDG

Lunes 6

  • 11,00 - Carballiño me gusta - Barafunda
  • 12,00 - FETEGA MULLER III - Violencia de xénero escondida na arte. Amor vs sexualidad: ferramentas de suxugación ao rol femenino
  • 18,00 - Carballiño me gusta - Barafunda
  • 19,00 - Un vikingo no FETEGA - "Chuso"
  • 21,30 - Carballiño me gusta - Barafunda
  • 22,00 - Bailar agora - Marta Alonso Tejada

Martes 7 

  • 11,00 - O mundo interactúa - Barafunda
  • 18,00 - O mundo interactúa - Barafunda
  • 19,00 -  Memorias dunha rapasa da costa - Marta Doviro
  • 21,30 - O mundo interactúa - Barafunda
  • 22,00 - O Premio - La Quinta teatro

Te puede interesar