Un total de 250 escolares de 3º e 4º de Primaria dos tres colexios do Carballiño, así como os membros de Aspadisi, asistiron ao espectáculo dos Quinquilláns, "Espantallo Amigo", que tivo lugar no auditorio municipal Manuel María, organizado pola área municipal de Educación.
Por outra banda, para este sábado, o grupo de teatro Tiruleque representará de xeito desinteresado "A farsa de Maitre Pathelín", no mesmo auditorio, ás 20,30 horas, co fin de arecaudar fondos para a excursión de fin de curso dos alumnos do Instituto de Ensino Secundario Nº 1 do Carballiño.
O prezo da entrada é de 5 euros, e os membros de este grupo de teatro animan a asistir a ver esta divertida comedia.
Ademais, a Concellería de Cultura en colaboración coa Rede Galega de Teatros e Auditorios (Agadic), ofrece mañá, no auditorio municipal Manuel María, o espectáculo teatral non verbal para a primeira infancia "Bathtime", da compañía Katarsis. Trátase dunha actividade lúdica e educativa para nenos e nenas de 0 a 6 anos e familias, que terá lugar ás 18,00 horas, e cuxo prezo da entrada é de 3,50 euros, que poden adquirirse na taquilla desde media hora antes do comezo da función.