Torques de Honra 2022 para o Arquivo Histórico Provincial de Ourense

Archivo Provincial
photo_camera Archivo Provincial

O galardón recoñece o labor de catalogación, preservación e divulgación da documentación

O Centro de Estudios Chamoso Lamas entregará este venres o Torques de Honra 2022 ao Arquivo Histórico Provincial de Ourense. O acto, que será aberto ao público, terá lugar no Aparthotel Arenteiro ás 20,30 horas.

Este galardón que otorga o colectivo cultural e investigador carballiñés con carácter bianual, e que se pospuxo o pasado ano por causa da pandemia da covid, será recollido polo director do arquivo, Pablo Sánchez Ferro.

Con este galardón recoñécese o labor daquelas persoas, entidades e publicacións na conservación, recuperación e divulgación do Patrimonio Histórico-Cultural das comarcas do
Carballiño e do Ribeiro. O Chamoso Lamas quere distinguir o papel esencial desenvolvido polo Arquivo Histórico Provincial de Ourense na catalogación, preservación e divulgación da documentación histórica provincial dende a súa creación no ano 1943 ata a actualidade, na que cómpre resaltar a recente culminación do proxecto de rehabilitación do antigo convento franciscano no que se asenta o arquivo e a incorporación da máis moderna tecnoloxía para a conservación e estudo da documentación, integrada por 221 fondos, dos que 153 son de orixe privada.

Tamén agradecer a contribución do director e do equipo directivo e funcionarial á proxección da entidade como un servizo aberto á investigación e á divulgación.

Te puede interesar