Os veciños alertan dos destrozos en Carboeiros

Os buracos na calzada deixan aberto o alcantarillado, na rúa Carboeiros. (Foto: MARCOS ATRIO)
A última treboada rexistrada no Carballiño hai precisamente unha semana provocou varios destrozos nos muros e na calzada da rúa Carboeiros, que enlaza as avenidas do Balneario e do Parque. Os veciños do contorno alertaron do desprendemento de cachotes no valado dunha finca particular, que impiden que os vehículos circulen con normalidade pola pista, e co risco de colisión.
Por outra banda, a choiva arrastrou a capa de asfalto e parte do firme da calzada, abrindo unha serie de socavóns que deixaron o aire libre as canalizacións da rede de saneamento. Os veciños temen pasar por esta zona, 'xa que hai risco de caer nos buracos e sufrir un accidente grave, e ademais están a aparecer ratas'.

O acondicionamento da rúa Carboeiros fora incluida, cun investimento superior ós 17.000 euros, no Plan E do ano 2010, e contemplaba a reposición das redes de saneamento e pluviais. O concelleiro en funcións de Obras, Bernardo García, foi avisado polos veciños desta situación, e manifestou que 'haberá que habilitar unha partida económica para o arranxo dos danos'.

Te puede interesar