Os veciños de Boborás teñen un local social en Xendive

Os veciños de Xendive e as autoridades municipais de Boborás celebraron o pasado día 23 de este mes de xullo a inauguración do novo local social desta localidade, rehabilitado polo obradoiro de emprego As Poldras. Máis de 100 persoas participaron no acto oficial e despois disfrutaron dunha merenda ofrecida polo Concello con tal motivo.
Desta maneira, os veciños deste entorno xa dispoñen de unhas instalacións acondicionadas para a celebración de reunións, festas ou para o desenrolo das actividades que se programen ó longo do ano, gracias a reforma realizada.

Te puede interesar