Os veciños da Medela apoian que a canceira municipal só acolla animais do Carballiño

A xunta directiva da Asociación de Veciños de Madarnás, parroquia carballiñesa onde se ubica a canceira municipal, solicita que estas instalacións sexan restrinxidas á entrada de animais recollidos na vila do Arenteiro e no rural do Carballiño.
Os representantes veciñais apoian, neste sentido, a postura da concelleira de Medio Ambiente, María José Pérez, que avoga por adicar o canil ubicado no monte de A Medela para cans do municipio, unha vez que o Concello se fixo cargo da súa xestión dende o pasado 1 de xaneiro.

Os directivos da asociación Santo Tomé de Madarnás lembran que ‘ó abeiro dunha asamblea xeral do noso colectivo, xa presentamos o 14 de marzo de 2008 un escrito ante os grupos do goberno e da oposición na Corporación no que plantexamos esta e outra reivindicacións, pero non houbo ningún tipo de resposta’. Os vecíños tamén piden que ‘só se leven ó Punto Limpo da Medela os verquidos voluminosos das parroquias do municipio, e que o transporte corra a cargo do Concello e sen ningún tipo de taxa’.

Te puede interesar