Veciños dun barrio carballiñés levan tres meses sen alumeado

As farolas que alumeaban unha das rúas do barrio de A Toscaña, no Carballiño, permanecen apagadas dende hai tres meses, a pesares de que os veciños reclamaron do Concello o seu arranxo.
'Dende a media tarde, temos dificultades para abrir un coche estacionado fóra e incluso saír de paseo cos nosos cans', suliña Dorinda Pérez, unha das habitantes das vivendas ubicadas entre as estradas N-541 (Ourense-Pontevedra) e a que comunica con Boborás.

Nembargantes, o alumeado público funciona perfectamente na parte baixa do barrio, situada entre a estrada estatal e o río Arenteiro, 'e nós pagamos os impostos municipais igual cá o resto dos veciños', engade a voceira dos afectados. Esta situación foi posta en coñecemento das autoridades municipais, pero non obtiveron unha resposta delas ata o momento.

O concelleiro de Servizos Públicos, Jesús Rodríguez, asegurou descoñecer os escritos de denuncia presentados polos veciños, se ben manifestou a súa intención de arranxar os alumeados.

Te puede interesar