Os veciños de Torcela limpan a igrexa para celebrar a festa

Unha treintena de veciños da parroquia de Torcela, no municipio de Piñor, adicaron a xornada de onte a facer un traballo comunitario que consistiu no desbroce e limpeza do cemiterio parroquial, do atrio e da mesma igrexa. A herba estaba afeando o entorno do campo santo e necesitaba unha intervención urxente.
Deste xeito, os feligreses e algún veciño máis do Concello de Piñor participaron nesta laboura con vistas a ter o espazo acondicionado para a celebración das festas parroquiais, previstas para o próximo 25 e 26 deste mes de xullo, na honra do apóstolo Santiago e tamén de Santa Ana. Ademáis das verbenas e outras actividades de ocio, celebraránse varias misas e procesións en honor dos dous santos.

Te puede interesar