Un velorio dará servizo público ós veciños de Boborás

O Concello de Boborás solicitará un novo taller de emprego para acometer a construcción dun velorio público para dar cobertura á poboación do municipio. O alcalde, Cipriano Caamaño, considera que cun 40% dos veciños maiores de 65 anos e cunha taxa de mortalidade media dun 2% anual, 'este servizo é unha necesidade evidente que substituirá a outras instalacións que non se axustan á legalidade vixente'.
O rexedor fai, neste sentido, referencia ó uso indebido dos centros sociais das parroquias de Cameixa, Feás, O Regueiro e Albarellos para velar os falecidos. Ademais, Caamaño considera que 'nestes tempos de crise hai que tratar de evitar que as familias con poucos recursos teñan que gastar en desprazamentos e alugueres de velorios'. A ubicación do edficio funerario está previsto na rúa Serafín, en Boborás.

Te puede interesar