Unhas xornadas de convivencia reunirán a 100 adolescentes

Un campamento didáctico promovido pola Concellería de Xuventude do Carballiño reunirá durante os días 18 e 19 de xuño a un cento de adolescentes de entre 13 e 18 anos de idade, dentro do programa Concellos Saudables.
Estas xornadas gratuitas de formación e información sobre prevención de drogodependencias, sexualidade, nutrición e relacións afectivas contarán coa presenza de expertos e monitores nos temas citados, según explicou a responsable da área municipal, Asunción Rivero.

'O obxectivo desta convivencia é ofertar ós xóvenes hábitos de vida saudables, potenciar a súa autonomía persoal, a mellora do traballo en equipo e compartir experiencias', indicou a edil socialista. Os interesados poden inscribirse ata o 11 de xuño nas oficinas do departamento de Xuventude, e tamén poderán participar nunha viaxe de cinco días ós Picos de Europa, concretamente do 22 ó 26 de xuño, abonando unha cuota de 190 euros.

PROGRAMA

O programa de actividades desta excursión, que terá como centro de aloxamento o 'Palacio da Teyería', no municipio asturiano de Cangas de Onís, inclúe descenso en canoa polo río Sella; unha ruta de sendeirismo polo Parque Nacional dos Lagos de Covadonga; competicións de 'paint ball' e visitas a un lagar de sidra e á vila de Cangas de Onís, ademais de deportes de aventura como tirolinas, puenting y rappel.

Te puede interesar