O Xulgado terá que retomar as investigacións sobre a canceira

Un auto dictado pola Audiencia Provincial de Ourense diríxese ao Xulgado de Instrución de O Carballiño para que practique as probas solicitadas polas asociacións ecoloxistas Adega, Amigos da Terra e 'Matar por matar non', tras atopar, en marzo de 2009, unha fosa con máis de 70 animais mortos no recinto municipal da canceira municipal do Carballiño.
O Xulgado carballiñés decretara o sobresemento provisional e o arquivo das actuacións referidas a un presunto delito de maltrato animal, denunciado polos ecoloxistas. Contra a resolución xudicial, os colectivos denunciantes formularon o correspondente escrito conforme alegaban a inconformidade do disposto, baseándose na falta da práctica de probas propostas e non executadas.

'Isto podía ser causa de indefensión, é dicir, se tomaba unha decisión xudicial sen ter en conta probas como a declaración testemuñal da concelleira de Medio Ambiente', apuntan os ecoloxistas. Neste punto, a Audiencia Provincial estima parcialmente os recursos interpostos, declarando nulo o auto xudicial'.

Te puede interesar