AXUDAS

A Xunta anuncia novas axudas para a praza de abastos de Carballiño

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 29 de maio

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, foi recibida onte polo alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e o concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira, na Praza de Abastos, para ver as reformas que alí se realizaron. Sol Vázquez lembrou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria leva apoiado a modernización deste mercado nos dous útimos anos con 115.000 euros, que se destinaron á remodelación das instalacións e dos accesos, así como á creación e mellora de espazos multifuncionais e aparcadoiros.

Ademais, sinalou que a Xunta vén de activar unha nova convocatoria de axudas, cuxo prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 29 de maio. As autoridades locais manifestaron o seu desexo de continuar a reforma na praza de acceso ao mercado. 

Te puede interesar