A área industrial de Melón está pendente das expropiacións

O equipo municipal de goberno de Melón está a seguir coa tramitación administrativa do parque empresarial nos terreos ubicados no lugar do Cruceiro Gordo e cun enlace directo coa estrada N-120 (Logroño-Vigo). Deste xeito, a alcaldesa, Cristina Francisco, mantén conversas cos propietarios das fincas (un total de 50.000 metros cadrados), que foron afectadas polo tendido eléctrico de alta tensión, co fin de chegar a un acordo no prezo. Neste sentido, a rexedora 'popular' considera que 'iste prezo ten que ser inferior ó resto de fincas do resto do parque, xa que os titulares deses terreos xa cobraron polo paso da liña'.
Cristina Francisco apunta que 'sabemos que son momentos difíciles, pero non queremos deixar de lado a construcción do polígono industrial, xa que vai ser un dos principais motores para o desenvolvemento de Melón e da propia comarca do Ribeiro'. A alcaldesa lembra tamén que os técnicos do Concello ultiman a redacción do proxecto de expropiación das fincas que van ser ocupadas pola área empresarial, coa axuda de expertos da Deputación provincial.

Unha das apostas do Concello é conquerir que no Cruceiro Gordo se poida situar unha planta de producción de elementos para a industria automobilística.

Te puede interesar