COMARCA

Aumentan as infraccións en materia vial en Ribadavia

Roberto Castro amosou a súa satisfacción "polos resultados acadados en materia de seguridade na comarca", e loubou o traballo de coordenación entre Garda Civil e Policía Local

A Casa do Concello de Ribadavia acolleu unha reunión da Xunta Local de Seguridade, co-presidida polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, e na que participaron representantes da Garda Civil e da Policía Local. Nesta xuntanza analizáronse os datos relativos á delincuencia na comarca durante 2016 e o primeiro semestre do ano actual.

A comparativa dos primeiros seis meses do ano pasado cos respecto aos deste ano amosan una baixada importante das infraccións penais, sendo este descenso máis acusado nos delitos graves e menos graves, según apuntaron dende a Subdelegación. Pola contra, ascenden levemente as infraccións penais contra a seguridade vial e as infraccións administrativas, mentres tamén se incrementan o número de detidos e o número de esclarecementos supera en ámbolosdous casos o 80%.

Roberto Castro amosou a súa satisfacción "polos resultados acadados en materia de seguridade na comarca", e loubou o traballo de coordenación entre Garda Civil e Policía Local. 

Te puede interesar