Castrelo acolle unha xornada adicada ó turismo náutico

O salón de actos do Clube Náutico de Galicia, en Castrelo de Miño, acolle hoxe a xornada 'O turismo naútico nos encoros e ríos de Galicia', organizada pola Asociación Galega de Actividades Náuticas (AGAN) co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo.
O obxectivo deste programa técnico é o aproveitamento dos recursos naturais que proporcionan os encoros e os ríos para atraer ó turismo e que iste xenere riqueza no medio rural.
Neste sentido, plantéxase que o río é unha vía de comunicación alternativa á terrestre, e que un encoro pódese converter nun motor de creación de emprego cando sempre foi uncausante directo do éxodo da poboación rural). No acto de inauguración da xornada, previsto para as 10.15 horas, estarán presentes a directora xeral de Turismo, Carmen Pardo, e o presidente de AGAN, Francisco Quiroga.

Te puede interesar