INSTALACIONES

Castrelo de Miño adxudica o albergue do parque náutico

<p></p>
photo_camera As instalacións do albergue municipal forman parte da oferta do Parque Náutico de Castrelo.

O Concello percibirá 59.200 euros polo aluguer do local durante oito anos

O Concello de Castrelo de Miño, mediante concurso público, fixo unha concesión por 8 anos, prorrogables a 12, das instalacións da ala esquerda do complexo de turismo náutico. Recibíronse dúas propostas, e unha vez analizadas as ofertas técnicas e económicas, resultou gañadora a empresa ourensana “Grupo Movete SL”. O Concello percibirá polos ingresos do aluguer un total de 59.200 euros en 8 anos, que no caso de prorrogarse 4 anos máis, ascenderían a 88.800 euros.

Durante a próxima semana a empresa recibirá as chaves para que comence a prestar o servizo de albergue xuvenil, con unha capacidade de 56 prazas e con unhas instalacións adaptadas para usuarios con calquer tipo de minusvalía. Así, dispón de ascensor, cociña, comedor, despacho, sala de caldeiras, sala de instalacións, aseos, vestiarios, lavandería, almacén, dormitorios e salón de actos. As duas plantas suman unha superficie total de 600 metros cadrados.

A proposta que resultou adxudicataria, máis alá da apertura dun local como albergue xuvenil, establece diversos eixos de potenciación turística e cultural onde o servizo de albergue sexa o reclamo, e os servizos engadidos contribúan a fidelizar aos clientes e complementar o resto de oferta existente en todo o Ribeiro. Entre algunhas das actividades complementarias figuran campamentos destinados a colexios e tamén a adultos, como campamentos para familias e culturais no Ribeiro. Tamén están abertas as instalacións a despedidas de solteiros, estancia de clubes deportivos, tanto durante a época de competicións náuticas como durante a época de entrenamentos.

Na oferta inclúese a colaboración con asociacións e federacións de ANPAS, co Clube Náutico de Castrelo, con federacións deportivas e hosteleiros, e fai referencia á participación na promoción do camiño xacobeo miñoto Ribeiro. 

Te puede interesar