O Club Artístico acolle o sábado o festival musical “Arteficial'

A asociación Arteficial organiza iste vindeiro sábado a sexta edición do festival musical que leva o mesmo nome, no Club Artístico de Ribadavia, o vindeiro sábado, 18 de agosto. Iste evento foi presentado en Ourense o pasado 22 de xuño e hai tres días en Vigo, na sala Bonus Track, coa actuación do grupo de Valladolid 'Frieda´s Still in Love'.
A organización abrirá as portas de acceso ó recinto de actuacións ás 20,00 horas, tendo en conta que o prezo de venda das entradas é de sete euros, nos bares Meu e Aljama da vila, e de 10 euros en taquilla. No festival actuarán os grupos 'Guadalupe Plata', de Granada; 'Unicornibot', de Pontevedra; os galegos 'Rosvita' e 'Inibo', e 'Plus Lottus', de Venezuela.

AXUDA
Os directivos do certame 'Arteficial' comunicaron onte que xa dispoñen dunha axuda económica da Xunta para afrontar os gastos das actividades que levan a cabo durante o ano. Concretamente, a Consellería de Traballo e Benestar aprobou unha subvención de 4.000 euros para a asociación, que corresponde o programa previsto para iste ano. 'Grazas a esta subvención, poderemos organizar tódalas actividades de 2012 sen riscos, despois das dificultades que pasamos polas complicacións para conseguir financiación', suliñou o sue voceiro, Manuel Araújo.

Te puede interesar