VIÑO

Os colleiteiros do Ribeiro aproban quince propostas para debatir no pleno

este xeito, aposta por un plan estratéxico que sitúe á Denominación de Orixe, polo seu potencial vitivinícola, historia, calidade, singularidade e tradición, entre as mellores de Europa

A asamblea da Asociación de Colleiteiros Embotelladores do Ribeiro aprobou un total de 15 propostas que defenderá no pleno do Consello Regulador no caso de salir elexido o seu representante nas próximas eleccións. Deste xeito, aposta por un plan estratéxico que sitúe á Denominación de Orixe, polo seu potencial vitivinícola, historia, calidade, singularidade e tradición, entre as mellores de Europa. Tamén insiste na promoción da figura do colleiteiro en todas as accións promocionais e en coordinar plans de promoción conxuntos coas outras denominacións para desenvolver a Marca Ourense.

Outras propostas teñen que ver con novos premios a "Promesas entre vides" e "Viticultor máis innovador", e unha aposta polo Ribeiro como destino turístico. Ademais, sinala a necesidade de incentivar ás adegas para negociar os prezos da uva cos viticultores e a exención de pago das contraetiquetas nas dúas primeiras colleitas aos novos produtores. Tamén persiguen engadir máis criterios na repartición de vogais no pleno, que non sexa só por produción, entre outros obxectivos.

Te puede interesar