Cinco concellos forman a quince alumnos co Programa Dual

Realizan un novo plan de formación dual, no que se forman media xornada, e ao mesmo tempo levan a cabo prácticas no resto do día

Un total de 15 alumnos son os beneficiarios do programa de Formación Profesional Dual no que participan os concellos de Castrelo de Miño, Toén, Barbadás, Celanova e A Peroxa. Nestes momentos, os 15 alumnos seleccionados nos cinco concellos están desenvolvendo en Castrelo de Miño o módulo de carpintería industrial, no taller de carpinteria municipal.

Realizan un novo plan de formación dual, no que se forman media xornada, e ao mesmo tempo levan a cabo prácticas no resto do día, recibindo un salario aproximado de media xornada. É este un importante incentivo para a formación, xa que ao mesmo tempo que estudan, realizan practicas cobrando por elo.

Este programa comezou o 1 de novembro de 2014, e xa se realizou o curso basico de prevención de riscos laborais, en Barbadás; actividades de xardinería, en Toén; e agora os traballos de carpintería en Castrelo de Miño, que comezaron en maio e finalizarán o 3 de xullo.

O resto do mes de xullo e agosto farán as prácticas laborais, e o 31 de agosto comezará o módulo de albanelería que se realizarán en Barbadás.

O programa finalizaría o 30 de outubro, un ano despois de ter comezado.

Neste tempo os alumnos desta iniciativa da Consellería de Traballo recibiron a formación e os títulos dos tres módulos xa rematados, e cobraron as prácticas laborais realizadas.

Te puede interesar