Recintos de Castrelo de Miño, Beade e Cartelle servirán para reivindicar o galego nas lápidas

Defensores da lingua apelan ós cemiterios para difundila

O cemiterio de Beade é un dos elexidos para reivindicar o idioma en todo o que rodea á morte. (Foto: MARTIÑO PINAL)
Castrelo de Miño, Beade y Cartelle son os tres concellos nos que se desenvolverán os próximos actos reivindicativos do uso do idioma galego nos cultos relixiosos, cemiterios e en todos aqueles ámbitos relacionados cos difuntos. A Asociación de Funcionarios de Galicia, Foro Peinador (que reúne a empresarios de Pontevedra), e Álvaro das Casas, en Ourense, que ten como principal actividade o fomento da lingua no etiquetaxe dos viños, son os responsabeis desta iniciativa que xa se levou a cabo en diversos concellos, especialmente da costa, e que agora irrumpe nesta provincia, empezando en Castrelo de Miño a finais deste mes.
Alfredo Fernández, tenente alcalde en Castrelo, sinalou que 'aínda faltan detalles por concretar pero será no cemiterio de Macendo e, entroutras actividades, descubrirase unha placa de honra a xente fallecida que mantuvo vivo o idioma'.

O presidente de Álvaro das Casas, Avelino Muleiro, indicou que 'pretendemos que se fagan os testamentos, as lápidas e as esquelas en galego, si se fala toda a vida nese idioma non ten sentido usar outro nese ámbito'. Muleiro sinalou que se prevén actos en Sabucedo de Montes, de Cartelle, onde está enterrado Álvaro das Casas, e en Beade, onde xace o monxe Sobreira, ambos defensores do idioma.

Te puede interesar