O delegado da Xunta asegura que os cambios no ensino mellorarán a calidade

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, referiuse onte ó plan de reunificación da Consellería de Educación en relación ós tres centros de ensino de Ribadavia, declarando que non é certo que se vaian a reunificar nun, senon que o que se persigue é ‘especializar eses centros’, engadindo que ‘en ningún caso iso vai supor un perxuizo para os alumnos, nin moito menos, tal e como asegurou o alcalde de Ribadavia, vai a conlevar aforro algún’.
Nese senso, Martínez insistiu en que ‘máis ben ó contrario, manterase o profesorado, as ensinanzas modificaranse segundo sexa necesario’ e a calidade está garantizada e asegurada.

O que se pretende, asegurou Rogelio Martínez, é que os dous Institutos actuais, o do Ribeiro e o Abrente, pasen a ser xurídicamente un só.

Deste xeito, daráselle uso a un edificio (o do Abrente) que contaba con moi poucos alumnos e moi necesitado de novos contidos para garantir súa revitalización. De feito, o centro Abrente verase reforzado con novas ofertas de ciclos formativos.
Novas instalacións

As novas instalacións coas que se contará, unha vez posto en marcha o plan da Consellería de Educación e Ordeación Universitaria, serán un novo auditorio para 350 persoas, varias salas para audicións musicais e de novas tecnoloxías, un aulario para novos grupos, dependencias para uso das asociacións de pais e unha mellora das instalacións deportivas do centro escolar. A proposta de Rogelio Martínez, que se coñeceu esta fin de semana, xa xerou as primeiras reaccións co rchazo por parte do Concello e a presentación da dimisión do director e xefe de estudos do colexio Tomás de Lemos.


Te puede interesar