Os escolares aprenden a comer saudable en Avión

Máis de 30 escolares de Primaria do colexio público de Avión participaron onte na actividade 'Nunca sen almorzo', que promove a Consellería de Sanidade. A actividade consiste na realización dunhas charlas formativas, que se complementan coa elaboración e degustación de almorzos saudables, xunto cun recordatorio da hixiene bucodental co correspondente cepillado de dentes.
Preto dun milleiro de nenos de distintos colexios da provincia participarán nos almorzos saudables ata maio do 2012. O centro educativo de Avión fíxose cargo do almorzo, no que participou o delegado territorial da Xunta, Rogelio Martínez, xunto con profesores e pais.

Te puede interesar