O festival teatral de Ribadavia convoca ós seus voluntarios

A Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia continúa co apoio de voluntarios para as tarefas de acompañamento das compañías, atención ó visitante e axuda á xestión da entrada nos espazos de exhibición.
Deste xeito, a organización convida ás persoas interesadas en participar neste traballo a inscribirse na sede da Mostra, na rúa García Penedo número tres ou nunha dirección de correo electrónico ([email protected]). O vindeiro mércores, 18 de xullo, ás 18,00 horas, a dirección do festival terá unha reunión cos voluntarios no salón de actos da Casa do Concello de Ribadavia para facilitar a información precisa sobre as súas tarefas. Os organizadores da MIT suliñan que 'o voluntariado contribúe á implicación, compromiso e contacto directo das persoas que lles gusta o teatro coas compañías e coa xestión do festival'.

Te puede interesar