Os hosteleiros ofrecerán tapas típicas da cociña sefardí

Hosteleiros de Ribadavia asistirán a un curso para coñecer a gastronomía sefardí. Organizado polo Concello de Ribadavia co patrocinio e colaboura de diferentes empresas e institucións do Ribeiro, o curso, que conta con gran demanda de numerosos profesionais do
sector en toda Galicia, pretende ser a catapulta dunha oferta diferenciada e singular, que leve este tipo de gastronomía aos restaurantes e locais de hostelería ribadaviense e abra as portas a figurar dentro do programa RASGO da Red de Juderias de España, co conseguinte beneficio mediático e de difusión a nivel nacional e internacional que supón.

Será impartido pola empresa Marcha y Pasa S.L. da que forma parte o coñecido cociñeiro ourensán Dani Guzmán, que será o encargado de ofrecer os seus coñecementos aos participantes, tal como xa fixera no anterior Festival de Viños Kosher e Gastronomía Sefardí, celebrado o ano pasado en Ribadavia.

O final do curso, que terá unha duración de catro días, dará como resultado máis visible o fin de semana de tapas sefardís, 'Degusta Sefarad, entre tapas e viños'.

Te puede interesar