DÍA DO LIBRO

Librarías locais de Ribadavia descontan ata o 20% na compra de libros

Exposición “SOS Océanos”, na Biblioteca de Ribadavia.
photo_camera Exposición “SOS Océanos”, na Biblioteca de Ribadavia.

Con motivo da celebración do Día do Libro haberá descontos ata o 28 de abril para todos os veciños empadroados en Ribadavia

 

Durante esta semana do 22 ao 28 de abril, os veciños de Ribadavia terán un desconto do 20% na compra de libros nas librarías locais participantes: Follas Novas, Goyma e Mafranch, coincidindo coa celebración do Día do Libro.

Ademais dos descontos na compra de libros, a Biblioteca Municipal de Ribadavia preparou unha serie de actividades sobre todo para os máis cativos. Entre elas, a exposición e mostra bibliográfica “SOS Océanos”, profundizando nos obxetivos 14 (Conservación dos océanos) e 12 (Produción e consumo responsable, reciclaxe) da Axenda 2030.

Despois do Contacontos de Maquinaria Teatro “Que contan as árbores”, no pasado 2 de abril, os nenos do CEIP Plurilingüe de Ribadavia e CRA Amencer disfrutarán mañá do Teatro Calavera, con “Animaladas”, e o día 24 de abril terá lugar a visita de escolares do CEIP de Carballeda de Avia, cun contacontos sobre a igualdade. Así mesmo, segundo engade a Concellería de Cultura, tamén se fará entrega dos premios os Guardiáns Axenda 2030.

“O Día do Libro é unha oportunidade para celebrar a importancia da lectura nas nosas vidas”, afirmou a concelleira de Cultura, Yolanda Gómez. “Complácenos ofrecer estes descontos nas librarías locais participantes e actividades para que todos os nosos veciños poidan gozar da maxia dos libros”, conclúe.n

Te puede interesar