Un libro recopila a devoción en O Ribeiro pola Virxe do Portal

Ramiro González, Baltar, Quinteiro e José Ramón Hernández (Foto: Pablo Araújo)
O salón de actos do Edificio Simeón da cidade acolleu na mañá de onte a presentación do libro ‘Ribadavia y el santuario del Portal. Historia, arte y fenomenología religiosa’, dos sacerdotes José Ramón Hernández Figueiredo e Ramiro González Cougil.

O acto estivo presentado polos dous autores, o presidente da Deputación provincial, José Luís Baltar, e o bispo da Diócesis de Ourense, monseñor Luis Quinteiro.

Neste traballo, Hernández e Cougil achéganse a traxectoria histórica da devoción das xentes do Ribeiro pola Virxe do Portal, ademais de apuntar os detalles artísticos da capela que acolle a patroa desta comarca.

Te puede interesar