'La Lira' homenaxeará cun festival a Los Tamara

Unha concerto da banda de música 'La Lira', no Teatro Principal de Ourense. (Foto: LR)
A Banda de Música 'La Lira', coa colaboración da Concellería de Cultura de Ribadavia, rendirá unha homenaxe ó mítico cantante coruñés Pucho Boedo e á orquestra que iste liderou entre a década dos 60 e os 70, Los Tamara, coa organización dun festival o vindeiro 2 de xullo no Auditorio do Castelo.
Os directivos de 'La Lira' buscan, deste xeito, rememorar grandes éxitos do grupo de Boedo, como son as cancións 'A Santiago voy', 'Airiños, aires', 'O vello e o sapo' e 'Mi tierra gallega', cun acompañamento instrumental ás voces de Sito Sedes, Paco Lodeiro e Miguel Ladrón de Guevara, entre outros intérpretes saídos da canteira de Los Tamara.

Iste concerto, aínda pendente de fixa-lo horario, é un dos actos que a decana das bandas de música de Galicia ten plantexados nesta tempada. No mesmo mes de xullo, o día 29, participará no XII Certame Internacional de Bandas 'Villa de Aranda', e desplazarase a Santiago o 25 de novembro nunha nova edición do Certame Galego de Bandas de Música Populares, en representación de Ourense.

Te puede interesar