Máis de 400 persoas pasaron pola Feira do Viño do Ribeiro

c9cfe586-9523-46cb-a594-bcee78b9b311
photo_camera Participantes nas catas a cegas da Madalena.
Dende Ribadavia sinalan o "éxito" do formato "de transición" desta edición

O presidente do Consello Regulador do Ribeiro, Juan Manuel Casares Gándara, calificou de "éxito" a 58 edición da Feira do Viño de Ribadavia, unha proposta "de transición" por mor da pandemia actual, pero que acadou unha importante afluenza de visitantes durante toda esta fin de semana á localidade ribadaviense. "Estou moi satisfeito, por unha banda, pola calidade das actividades que se programaron, sobre todo, as vencelladas á cata dos viños e, pola outra, polas iniciativas dos relatorios", precisou o presidente do Consello Regulador. "O Ribeiro ten un potencial tremendo e non soamente falo do viño, senon co que ten que ver coa súa historia e o seu patrimonio. Como territorio é o gran descoñecido de Galicia e ten que abrirse e mostrarse. Temos moito que ensinar", engadiu.

En canto a participación, o presidente afirmou que "superou as previsións que tiñamos". Neste senso, dende Ribadavia destacaron a boa acollida das catas a cegas da Madalena, que agotaron prácticamente todas as quendas. "Estimamos que pasaron por alí unhas 250 persoas. Falamos de aforos moi limitados, polo que este número adquire unha enorme relevancia", puntualizou Casares. "Tamén hai que destacar os relatorios de historia e variedades, e as catas técnicas con sumilleres que amosaron a súa elevada cualificación técnica. A resposta foi a mesma que nas catas a cegas: cheo total", engadiu o presidente, que participou no acto de clausura.

Te puede interesar