Os mozos invitan a un baile de Piñata en Leiro

A Asociación Cultural Taparraná invita a tódolos veciños de Leiro e a tódalas persoas que se queiran achegar dende outras poboacións a participar mañá na celebración do Sábado de Piñata. A entidade organiza esta festa e para elo instalará unha carpa na Praza do Cruceiro de Leiro, onde actuará un grupo musical a partir das 22,00 horas. Ademáis haberá un concurso de disfraces, con premios ó mellor disfraz individual, á mellor parella e o mellor grupo.
Un total de seis locales de hostelería de Leiro colaboran coa organización, coa animación nos seus negocios e un sorteo entre os clientes. 'Ó finalizar a noite realizarase o sorteo de unha cea para dúas persoas e a entrada ó circuito termal do Balneario de Prexigueiro', manifestaron os membros da organización.

A Asociación Taparraná está integrada por mozos do municipio de Leiro e ó longo do ano realiza actividades culturais, diversos cursos, xornadas micolóxicas, obradoiros infantiles e outros eventos como a celebración da festa do 'prefindeano'.

'O noso obxectivo é dinamizar este concello do rural con actividades lúdicas , culturais e tamén formativas', indicaron.

Te puede interesar