PATRIMONIO

Plan especial de protección para o mosteiro de Melón

photo_camera Claustros interiores do mosteiro de Santa María, ubicado no municipio de Melón.

O mosteiro de Santa María de Melón xa dispón dunha ordenanza urbanística para a súa contorna, unha vez aprobado definitivamente o Plan Especial de Protección, de dotacións e infraestruturas deste monumento declarado como Ben de Interese Cultural

O mosteiro de Santa María de Melón xa dispón dunha ordenanza urbanística para a súa contorna, unha vez aprobado definitivamente o Plan Especial de Protección, de dotacións e infraestruturas deste monumento declarado como Ben de Interese Cultural (BIC), ó abeiro das directrices da Dirección Xeral de Patrimonio.

Esta normativa, que entrou en vigor neste mes de xullo, abrangue o conxunto integrado por este antigo cenobio cisterciense e a súa igrexa, datados no século XI, e o núcleo singular da Ponte Nova, localidade do mesmo municipio ubicada preto do mosteiro, e para a que se fixan determinadas directrices constructivas para novas edificiacións.

Entre éstas, destaca que a parcela mínima edificable non será inferior a 300 metros cadrados, mentres a altura do inmoble non excederá de planta baixa e piso. Asemade, tamén se contempla que os materiais empleados na construcción, as cores e os acabados serán acordes coa paisaxe rural e coas construcións tradicionais do núcleo da Ponte Nova. 

Te puede interesar