O RIBEIRO

O PSdeG esixe representación no pleno da Mancomunidade

Unha condición que para os socialistas "é indispensable para que reine a transparencia e que non sexa un coto privado do PP no que fagan e desfagan o seu antollo"

Os socialistas do Ribeiro reclaman que na Mancomunidade ademais do alcalde de cada concello, teñan representación na mesma un concelleiro de cada municipio, tal e como figura nos no artigo 12.1 dos estatutos. Unha condición que para os socialistas "é indispensable para que reine a transparencia e que non sexa un coto privado do PP no que fagan e desfagan o seu antollo".

Segundo os socialistas, o artigo 12.1 dos estatutos establece, ó regulalos órganos de goberno da Mancomunidade, que o pleno estará composto polo alcalde e un membro máis de cada municipio mancomunado, elixido este último libremente pola corporación respectiva, sinalando por outra parte o artigo 12.2 que despois de cada proceso de eleccións locais, e dentro do prazo previsto polo artigo 38 do ROF para a designación de representantes en órganos colexiados, os plenos dos respectivos concellos deberán proceder ao nomeamento dos seus vocais na Mancomunidade, debéndose comunicar o resultado á mesma.

Desta maneira, agardan ter representación no ente comarcal, sinalando que "a veciñanza que votou o PSdeG-PSOE nas pasadas eleccións do 26 de maio ten o mesmo dereito que os demais a estar representados na Mancomunidade e é algo polo que o PSdeG na comarca vai loitar", finalizan as fontes socialistas do Ribeiro.

Te puede interesar