POLÍTICA LOCAL

O PSdeG pide que limpen os terreos e solares en Leiro

Os socialistas de Leiro instan ao grupo de goberno do PP a que execute a ordenanza especial reguladora da limpeza de terreos e solares e adopte medidas preventivas contra os incendios forestais

Os socialistas de Leiro instan ao grupo de goberno do PP a que execute a ordenanza especial reguladora da limpeza de terreos e solares e adopte medidas preventivas contra os incendios forestais. Asegura este grupo da oposición que a súa aplicación non sempre é levada a cabo polo goberno local, dándose situacións de leiras que supoñen un perigo para vivendas e propiedades veciñais e para a cidadanía en xeral.

"É público e notorio a existencia de fincas privadas que ano tras ano e principalmente na época de perigosidade, e sobre de todo este ano que a seca e maior, xa que choveu moi pouco este inverno pasado, os incendios forestais constitúen ameazas para a seguridade cidadá, sen que por parte do goberno local se bote man desta ordenanza", sinalan os socialistas.

NORMATIVA
Nese sentido, engade o PSdeG que a ordenanza posibilita ao concello facer cumplir a norma a través de comunicación oficial e mesmo a través de vía sancionadora.

"A ordenanza especificao moi claro, que de non efectuarse a limpeza, o concello procederá a limpar, pasándolle os gastos ao propietario, sen perxuizo das sancións que procedan legalmente que van desde a minima que son 30 euros ata 3000", puntualizan os socialistas, que consideran urxente adoptar medidas preventivas. 

Te puede interesar