Rehabilitación de 20 vivendas no centro de Ribadavia

Un convenio entre o Concello de Ribadavia e a Consellería de Vivenda e Solo permite a rechabilitación dun total de 20 vivendas no casco histórico da vila, que recibirán unha subvención de 297.700 euros para acometer os proxectos de obras, valorados en 855.000 euros nesta fase.
Un total de 20 vivendas do casco histórico de Ribadavia son obxecto da octava fase do convenio de Área de Rehabilitación Integral (ARI), promovido pola Consellería de Vivenda e Solo coa colaboración do Ministerio de Vivienda do Estado.

O alcalde do municipio, Marcos Blanco, asinou recentemente a adhesión a esta nova fase, que contempla un investimento global de 297.700 euros de axudas económicas, dos que 167.700 corresponden ó Ministerio e 130.000 á Consellería.

Diferencia Deste xeito, estas cantidades serán distribuidas entre os propietarios dos 20 inmobles beneficiados e cuxos proxectos de obras de restauración, que supoñen un investimento total de 855.000 euros, recibiron o visto bó dos técnicos da oficina do ARI de Ribadavia. Os titulares das vivendas deberán aportar a diferencia entre o custe dos traballos e as axudas, é dicir, un global de 557.000 euros.

No mesmo convenio asinado entre Concello de Ribadavia e Consellería de Vivenda tamén se inclúen melloras nas infraestructuras urbanas do casco histórico situadas no entorno de rehabilitación, incluíndose a recuperación dun antigo forno.

Te puede interesar