INFRAESTRUCTURAS

Ribeiro en Común reclama mellorar a seguridade na N-120 en Ribadavia

Pide que se constrúan tres rotondas no tramo que vai desde o cruce da Franqueirán ata o cruce do Serrallo en San Cristobo

O grupo municipal de Ribeiro en Común reclamará varias actuacións en Ribadavia con cargo aos orzamentos do Estado, para o que está a manter varias reunións co grupo parlamentario de En Marea, ó que lle traslada as necesidades da vila, fundamentalmente en materia de infraestructuras e fomento de titularidade estatal.

Unha das cuestións para a que reclama unha actuación urxente é a mellora da seguridade na carretera N-120 ao seu paso por Ribadavia, na que pide que se constrúan tres rotondas no tramo que vai desde o cruce da Franqueirán ata o cruce do Serrallo en San Cristobo. Así mesmo, pide a realización de beirarrúas e que este tramo de estrada se reconverta en travesía e se adapte á realidade actual.

Outra das propostas é a instalación de barreiras protectoras e actuacións en materia de seuguridade no viaduto da A-52 ao seu paso por Ribadavia, pola ameaza que supón para a poboación que circula ou pasea por debaixo.

Ribeiro en Común tamén demanda a execusión definitiva da reforma integral do edificio da casa sindical de Ribadavia, pertencente ao Ministerio de Traballo, así como a posta en valor dos edificios da estación de tren e as vivendas dos ferroviarios, para o seu aproveitamento social e cidadá.n

Te puede interesar