Ruta do Viño do Ribeiro: todas as actividades paralelas

GANDARELA TURISMO RURAL
photo_camera GANDARELA TURISMO RURAL
A Primavera de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia ofrece outras actividades

Na Ruta do Viño do Ribeiro tamén podes facer:

Concerto musical

Concerto promovido pola Asociación da Ruta do Viño do Ribeiro co gallo da celebración da Primavera de portas abertas nas Rutas do Viño de Galicia. Sábado 13, 22,30 horas. Praza Maior de Ribadavia. 

Ribeiro de tapeo

Os restaurantes participantes na Primavera de Portas Abertas presentarán unha oferta de petiscos que se poderán harmonizar con viños das adegas. Sábado 13, 19,30 a 22,00. Igrexa da Madalena de Ribadavia.

Visita nocturna de Ribadavia

Visita nocturna guiada pola vila de Ribadavia. Paseo pola capital do Ribeiro coñecendo a súa historia a través de anécdotas, persoeiros e contos relacionados co mundo do viño. Venres 12, de 20,00 a 21,30 horas. 

Museo do Viño de Galicia

Exposición permanente sobre a cultura e producción do viño en Galicia, a viticultura e os oficios tradicionais, as Denominacións de Orixe galegas, etc. Venres 12, sábado 13 e domingo 14. Visitas guiadas.

Museo Etnolóxico

Poderase visitar diferentes exposicións do Museo Etnolóxico  de Ribadavia, situado nun palacete coñecido como Pazo de Baamonde ou Casa da Fundación. Venres 13 e sábado 14 de 10,00 a 20,00 horas. 

Oficina de turismo de Ribadavia

Punto de información sobre os viños e viñas do Ribeiro. Ofrecerase información específica sobre a cultura vitivinícola do Ribeiro. Sábado 13 de 10,00 a 14,00 e de 17,00 a 20,30. Domingo 14, de 10,30 a 14,30 horas.

Oficina de turismo de Ourense

Punto de información sobre o concello de Ourense e sobre a Primavera de portas abertas na Ruta do Viño do Ribeiro.  Venres 12 de 09,00 a 14,00 e de 16,00 a 20,00. Sábado 13 e domingo 14 de 11,00 a 14,00.

Actividades de Adegas Celme

Tostado. O rey dos viños galegos e a súa maridaxe. Venres 12 e domingo 14 ás 18,00; Cata de tres colleitas Celme. Sábado 14 ás 18,00; cata de vermú de castes autóctonas galegas. Sábado 13 ás 12,30 e domingo ás 13,00. 

Aperitivo con vermú artesanal

Adega Cuñas-Davia organiza unha maridaxe de tres viños con conservas artesanais, queixos galegos, embutidos de porco celta de Osmo e groliño de Anxélica. Venres 12, sábado 13 e domingo 14 ás 14,00 e ás 16,00.

Gandarela turismo rural

Visita guiada a esta antiga casa de labranza que conta cunha adega restaurada do século XVII. Ubicada en Carballeda de Abaixo, está situada entre socalcos de antigos viñedos. Sábado 13 e domingo 14 ás 12,30 horas.

Picnic entre viñedos

A experiencia inclúe un percorrido polo viñedo que rodea o Pazo de Toubes, un pazo restaurado, do século XVIII, no corazón do Ribeiro. Pícnic entre viñedos, rodeados de natureza, domingo 14 ás 12,00 horas.

Eco-Barco do Ribeiro

Arnoia Caldaria Hotel Balneario organiza un paseo polo río Miño nunha embarcación eléctrica de emisións 0, que permite coñecer a DO máis antiga de Galicia. Venres 12 e sábado 13 ás 16,30 e domingo ás 12,00 horas.

Te puede interesar