Os socialistas urxen a apertura do Museo do Viño de Galicia

Os grupos socialistas de todos os Concellos nos que está presente a Denominación de Orixe do viño do Ribeiro, están a presentar, para a súa deliberación en Pleno, unha moción que insta á apertura inmediata do Museo do Viño de Galicia na Reitoral de Santo André de Ribadavia, ubicación prevista para elo dende hai máis de dúas décadas. Tal como indican os e as socialistas, a citada Reitoral conforma un conxunto único do barroco galego que contén ademais unha adega abovedada singular. 

O conxunto foi cedido ao Concello de Ribadavia a través dun convenio co Bispado para ubicar nel o Museo do Viño de Galicia. Esta cesión produciuse co único obxecto de proxectar o museo, polo que os e as edís socialistas queren garantir que esas instalacións segan a ser públicas e se destinen para o que foron cedidas.

Te puede interesar