Terceira festa de recoñecemento aos maiores de Castrelo de Miño

II Festa do Maior, que se celebró ayer en Castrelo de Miño.
photo_camera II Festa do Maior, que se celebró ayer en Castrelo de Miño.
A III Festa do Maior terá lugar o próximo 4 de maio, cun xantar gratuíto para os maiores de 65 anos

O Concello de Castrelo de Miño organiza a terceira edición da Festa do Maior, que terá lugar o día 4 do próximo mes de maio, con un xantar gratuíto para todas as persoas maiores de 65 anos ou que cumpran este ano e estén empadroadas neste municipio. “Porque os nosos maiores merecen todo o recoñecemento e agradecemento permanente polo inmenso esforzo, sacrificio e cariño que nos adicaron ao longo da súa vida”, sinala o alcalde, Avelino Pazos.

As autoridades municipais queren ofrecer aos maiores un recoñecemento porque “son a fonte de sabiduría e experiencia que nos permitiu forxar o mundo no que vivimos hoxe. Co seu arduo traballo, construiron as bases sobre as que medramos e prosperamos, o seu amor incondicional e as súas ensinanzas deixaron  unha pegada imborrable nas nosas vidas, guiándonos nos momentos difíciles e celebrando con nós nos momentos de alegría”, engade o rexedor.

Avelino Pazos tamén quere agradecer a colaboración da Xunta de Galicia, Deputación de Ourense, Obispado de Ourense, Coral de Ruada e AVPC Castrelo de Miño para a celebración desta xuntanza.

Os interesados deberán confirmas a asistencia no teléfono 988 493 000 antes do día 30 de abril, ás 14,00 horas. Ademais, se alguén desexa asistir como acompañante poderá facelo previa inscrición no mesmo teléfono e abonando o prezo do prato, 22 euros, ingresando nunha conta de Abanca.

A festa será no pavillón de Astariz, onde tras a recepción dos convidados e entrega de agasallos, o bispo Leonardo Lemos oficiará unha misa, cantada pola Coral de Ruada, que ofrecerá tamén un concerto. Haberá pregón e xantar con actuacións musicais. O menú inclúe empanada, tabla de ibéricos, paella, postre e bebidas.

Te puede interesar