Unións Agrarias pide á Xunta a reunión da Mesa do Viño

O sindicato Unións Agrarias presentou unha petición por escrito ó delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, para que convoque de inmediato a Mesa do Viño para garantir que todas as uvas da Denominación de Orixe do Ribeiro se recollan e teñan un prezo digno.
Despois de coñecer os acordos de prezo que se están a dar noutras denominacións galegas como nas Rías Baixas, 'non se pode entender que a Xunta deixe abandonados a súa sorte os viticultores do Ribeiro' sinalan os sindicalistas.

A próxima vendima na Denominación de Orixe Ribeiro, prevista para finais de setembro, conta cunhas previsións de caída na colleita que se estiman nalgúns casos de arredor do 60% en variedades como a treixadura, albariño, godello e resto de variedades autóctonas e 'moitos viticultores da comarca non ten garantida a recollida das súas uvas', afirman.

Te puede interesar