UUAA insta á Xunta a axilizar o aumento de rendementos

Unións Agrarias insta á Xunta de Galicia a tramitar canto antes o aumento de rendementos do 20% aprobado polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro para as parcelas de menos de 900 metros cadrados nas que se cultiven uvas das variedades Torrontés e Palomino. Pese a ter sido acordada polo pleno dese organismo xa no mes de xuño, a modificación permanece paralizada na Consellería do Medio Rural, organismo que debe encargarse da tramitación precisa para que poida facerse efectiva.

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro aprobou en xuño unha modificación do prego de condicións referente aos rendementos nas explotacións. Unha iniciativa

impulsada por Unións Agrarias destinada a evitar que os viticultores deixen uvas colgadas nas cepas ou se vexan forzados a vendelas fóra do amparo da denominación.n

Te puede interesar