Os veciños de Castrelo aprenden a cociña saudable

'Cociñando en igualdade'é unha proposta dirixida aos veciños de Castrelo de Miño en referencia a promoción da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e os hábitos saudables. Trátase dunha das actividades incluidas dentro do Plan de Igualdade que iniciou o Concello de Castrelo de Miño no ano 2009, e que tivo continuidade no 2010 e agora no 2011.
Os destinatarios son persoas adultas, mozos e nenos, e os organizadores estiman que a participación será de 30 a 45 persoas.

O programa contempla sete actividades, unha por cada parroquia do concello, empezando hoxe na Praza de Santo Estevo, as 10,00 horas, e no Cruceiro Macendo, ás 12,30. A duración é de dúas horas, contando con dous monitores titulados.


OBXECTIVOS

Preténdese que as persoas participen activamente preparando a sua propia comida, establecendo unhas pautas nutricionais para incorporar lácteos, cereais e froita na dieta diaria dos almorzos.

Por outra banda, con esta iniciativa tamén se persigue promover a igualdade, non so coa elaboración do almorzo, senón tamén valorando as imaxes expostas nos paneis, facendo fincapé no diálogo e na crítica construtiva.

O Concello de Castrelo de Miño decidiu repetir a experiencia de outros anos á vista da boa resposta que diu a poboación a convocatoria, xa que tamén e unha forma de intercambio e amistade entre os veciños do municipio.

Te puede interesar