CHARLA

Xornada sobre a influencia do cambio climático no viñedo

Será mañá, a partir das 16,00 horas, no salón de actos do Concello, e o encargado de impartila é o responsable técnico de COAG e investigador do CEIGRAM1, Pablo Resco

O Sindicato Labrego Galego e a COAG (Coordinadora de Organizacións de Agricultores e Gandeiros), co apoio do Ministerio de Agricultura a través da Fundación Biodiversidade, organizan unha xornada formativa en Castrelo de Miño sobre a influencia do cambio climático no cultivo do viñedo. Será mañá, a partir das 16,00 horas, no salón de actos do Concello, e o encargado de impartila é o responsable técnico de COAG e investigador do CEIGRAM1 (Centro de Estudos e Investigación para a Xestión de Riscos Agrarios e Medioambientais), Pablo Resco.

Nesta xornada formativa aberta a todo o público, Resco analizará a incidencia do cambio climático no viñedo galego en relación a parámetros como a pluviosidade, o aumento das temperaturas ou a menor incidencia das xeadas, son determinantes para os rendementos e maduración da viña.

Te puede interesar