Regresa a Ourense a iniciativa "Palillando entre barrios": convivencia e oficios tradicionais

Participantes en la reunión.
photo_camera Participantes na reunión.
A Asociación Veciñal As Termas, situada no barrio de vivendas sociais xunto solar da antiga estación, organizou por cuarto ano a xuntanza.

A  Asociación Veciñal As Termas volveu a ser sede da 4º Edición de “Palillando entre Barrios” , un encontro de convivencia e de compartir experiencias entre veciñas de todos os barrios e pobos da cidade usando como nexo de unión a afección polo encaixe de bolillos.

Participantes en la reunión.
Participantes na reunión.

Grazas á iniciativa da Asociación Veciñal As Termas foi posible reunir as asociacións veciñais de: Tras Estación, Ponte Canedo, Sta. Olaia de Beiro,  Barbaña, Palmes, Sta.Cruz, Sta.Ana do Pino e Arranxar nesta actividade. Unha iniciativa que contou con respaldo de máis de unha ducia de comercios do barrio.

O encaixe de bolillos é das actividades que mais demandan teñen polas AAVV entre todas as actividades que anualmente organizan as Asociacións Veciñais. Unha labor que combina axilidade e destreza nas mans das palilleiras e que o convirte nunha verdadeira arte con fonda tradición na cultura galega.

Participantes en la reunión.
Participantes na reunión.

Te puede interesar