O tempo

A xornada do martes estará marcada pola calor e as tormentas

As temperaturas mínimas e máximas non experimentarán cambios. Xa na xornada do mércores, espérase un descenso duns 5 grados, acompañado de chuvascos 

Este martes persiste o aire frío en altura, polo que volverá ser un día de inestabilidade atmosférica en Galicia. A xornada empezará con nubes e claros, que irán evolucionando ao longo do día e deixarán chuvascos tormentosos no interior.

Os valores mínimos non experimentarán cambios. As máximas tamén se manterán na provincia de Ourense, podendo acadar os 35 graos, e con probabilidade de tormentas ao longo da tarde. Xa na xornada do mércores, as temperaturas máximas experimentarán un descenso duns 5 graos, con previsión de precipicacións desde primeira hora da mañá.

Te puede interesar