ENTREVISTA | VIDA

Aarón Gallego, enerxía e actitude

10301942_313863778824473_6052039566681872910_n_result
photo_camera Aarón Gallego.

A súa andaina do teatro comezou dende ben pequeno, cando xogaba ás películas e el só interpretaba a todos os personaxes. Actualmente participa na comedia negra "Cando dous son multitude", da súa compañía, Vía 6.

A andaina de Aarón Gómez Gallego no teatro comezou dende ben pequeno, cando xogaba ás películas e el só interpretaba a todos os personaxes. No mundo do teatro afeccionado empezou da man de Esther Movilla, nos seus obradoiros de interpretación namentres cursa os dous anos do Bacharelato de Artes Escénicas, Música e Danza no Portovello. Entrou na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia onde ao longo dos seus catro anos de formación participou en diversos proxectos e logo de montaxes como "Presas" e "A State Affair", traballou na visita teatralizada á catedral de Ourense "O Corazón de Auria". Actualmente participa na comedia negra "Cando dous son multitude", da súa compañía, Vía 6.

Cóntenos, que é o que máis lle gusta de actuar?

Xogar con actitudes, enerxías e comportamentos que non sexan os meus, combinalos e poñelos á disposición dun personaxe transmitindo  emocións e mensaxes mediante situacións xa vividas ou que nunca vaia vivir.

Teatro ou televisión/cine?1937462_313047498906101_7481797932247469004_n_result

Calquera dos tres medios me chama a atención e calquera dos tres ten a súa parte de complexidade. O teatro é que é a escola de todo actor onde se aprende a transitar por estados emocionais durante una hora. É un subidón de adrenalina porque tes a todo o mundo fronte a ti e ao ser en directo e ter o feedback co público percibes se algo está funcionando ou non. E no caso de non facelo, hai que tirar para adiante. Finxir que non pasa nada. Finxir dobremente.

O audiovisual... a xente pensa que é máis sinxelo polo feito de poder repetir secuencias para logo escoller a mellor en montaxe. Si, si tes esa axuda pero non sempre se gravan as escenas en orde cronolóxica polo que o traballo interno actoral é máis complicado, pero non por iso menos bo e estimulante. O punto forte é que chega a moita máis xente.

Que cree que o máis complexo de ser actor?

Artísticamente, creo que o máis complicado é desdobrarse complemente. Quero dicir, deixar as túas tendencias persoais tanto ao xesticular e ao falar e adoptar outras , ser natural e crible. Pero niso consiste o noso traballo. Certo é tamén que sempre hai personaxes máis cercanos ca outros ao actor tanto pola idade, fisicidade ou experiencias vitais e non se require un afastamento  tan grande.
No plano laboral o máis complexo é comezar, pero coma en todas as profesións. Non hai sarna que con gusto non pique (risas).

10639666_1006275252722369_5799267761125784319_n_resultAcaba de crear a compañía Vía 6, cales foron os motivos que o levaron a elo?

Pois todo xurdiu no último ano de formación, (vai facer dous anos xa diso), cando nos xuntamos seis compañeiros, Muriel Pernas, Celia González, Daniela Rodas, Susana Álvarez , Sabela Mascuñana e eu, para levar a cabo o noso proxecto fin de estudos. O que xurdiu para poñer broche de ouro ao estudos  significou o punto de partida a una nova etapa: una compañía con intención de continuidade no tempo. Xuntámonos en Vigo por ser o lugar onde nos formamos, pero en realidade somos de diferentes sitios da comunidade estando repartidos entre Galicia e Madrid actualmente. Temos dous espectáculos. "Amor en 3D", una comedia para público familiar, do naronés Jose Prieto e dirixido por el que estará no Espacio Labruc, en Madrid todos os domingos de xuño. O segundo é a comedia negra "Cando dous son multitude", escrita de dirixida por a lucense Ana Carreira coa que contamos estar en Ourense o 10 de febreiro do 2017 e na que se abordan temas como a violencia de xénero e o acoso escolar.

Que buscades aportar ao panorama teatral actual?

Buscamos un oco para mostrar as nosas necesidades de reflexar  temáticas universais  dende situacións concretas e cotiás, traballando textos de dramaturgos tanto coñecidos como non coñecidos ,marcando una esencia que nos identifique e que a xente desfrute, lle guste e reflexione co que nós facemos, xa sexa con pouso dramático, de comedia, paródico ou cos tres mesturados.

Cales son os seus vindeiros proxectos?

Pois agora mesmo estou xestando una nova idea con outras tres compañeiras. Estamos con reunión, propostas... Traballo de mesa. Non se pode parar, hai que facer. 

Te puede interesar