Activado o nivel laranxa por chuvia nas provincias de Ourense e Pontevedra

A Dirección Xeral de Emerxencias alertou dun temporal de chuvia de nivel laranxa que afectará durante toda a mañá deste venres ás provincias de Pontevedra e Ourese e que, previsiblemente, remitirá a primeira hora da tarde.
Segundo as previsións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), nas zonas noroeste, Miño e sur da provincia de Ourense, e no interior e Miño da de Pontevedra espéranse precipitacións acumuladas que poderán alcanzar os 30 milímetros nunha hora, o que motivou a activación da alerta laranxa.

Por outra banda, a Aemet activou tamén a alerta amarela nas zonas do centro e do sur da provincia de Lugo e nas Rías Baixas, onde esperan precipitacións acumulases de ata 20 milímetros nunha hora.

Co fin de garantir a seguridade tanto das persoas coma dos bens, a Dirección Xeral de Emerxencias informou da situación os concellos afectados, aos bombeiros e a Protección Civil.

Te puede interesar