Adxudicada a reparación das vivendas públicas de Covadonga

Viviendas protegidas de Covadonga, las últimas construidas.
photo_camera Viviendas protegidas de Covadonga, las últimas construidas.

A Xunta vén de adxudicar a ansiada reparación dos edificios de promoción pública de Covadonga. O goberno autonómico adxudicou por preto de 130.000 euros o contrato de obras para a reparación e mantemento da promoción de 52 vivendas de promoción públicas situadas nos números 1 e 3 da rúa Manuel Lago. As obras, cun prazo máximo de seis meses de duración a contar desde o seu inicio, consistirán en intervencións de mantemento e pintura nas zonas máis expostas (patios de acceso ás vivendas). Pintarase o sistema de illamento técnico da fachada así como as estruturas metálicas de aceiro galvanizado que presentan manchas puntuais de oxidación, que tamén se sanearán. Tamén se limparán e pintarán as lousas de formigón, que presentan manchas de escorrentía e levantarase puntualmente a loseta hidráulica para reparar a impermeabilización naqueles puntos nos que se detectou una filtración.
O proxecto inclúe o cambio das caixas eléctricas de derivación nas pasarelas de acceso ás vivendas, a limpeza das cubertas e dos sumidoiros, e a instalación dunha liña de vida para o mantemento dos paneis térmicos. A maiores, pintaranse todas as portas de entrada de aceiro galvanizado e buscaranse solucións aos problemas de escorrentía de auga sobre os accesos a algunhas vivendas do bloque A.

O 7 de xaneiro, un voraz incendio prendía un dos pisos de Manuel Lago, no que faleceran dúas veciñas, Edilma e Valentina.  A raíz deste lume, os veciños alzaron a voz ante as deficiencias do inmoble, que agora arranxará a Xunta

Te puede interesar