Aeronáutica recibe o si definitivo ao seu mestrado

Terrenos donde se situará Ingeniería Aeronáutica.

O mestrado de Enxeñaría Aeronáutica será exclusivo en Ourense o curso que vén, na única Escola que imparte esta disciplina en Galicia, inaugurada no curso 2015-2016 e chamada a ser unha das titulacións máis novedosas do Sistema Universitario Galego.

A promoción que celebrou onte pola tarde a súa gradación coñeceu ao mesmo tempo a noticia: tras anos de complicacións, o mestrado aprobouse definitivamente (só lle faltaba a derradeira autorización para saír adiante).

Este logro da Universidade de Vigo para o Campus prodúcese despois de varios atrancos e tras varias promocións do grao en Aeronáutica que tiveron que emigrar a outras comunidades autónomas para completar a súa formación, xa que o posgrao é un dos que ten a categoría de habilitante: é dicir, os graduados precisan deste mestrado para poder exercer na súa profesión, unha especialización que noutras áreas non é obrigatoria.

Dirixido específicamente aos graduados en Enxeñaría Aeroespacial, o mestrado en Enxeñaría Aeronáutica é un dos sete mestrados da UVigo que dá acceso á profesión regulada. Exclusivo da UVigo, terá unha duración de dous anos -120 créditos formativos- e a oferta de prazas ascende a 25. 

Te puede interesar