PLANES EN OURENSE

Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, viernes 17 de mayo?

¿Qué hacer hoy en Ourense? La agenda de eventos de la provincia te cuenta los mejores planes de este viernes

Consulta los eventos de Ourense hoy, con la agenda del viernes.

Raigame aterriza en Vilanova dos Infantes con doces tradicionais

Como cada 17 de maio, Vilanova dos Infantes volve botar para atrás varias décadas o reloxo no seu Raigame. En total serán 120 os postos de oficios tradicionais, artesanía e gastronomía, que estarán distribuídos entre o interior e o exterior do núcleo da localidade celanovesa nesta XXI edición da romaría etnográfica Raigame, “un dous tesouros de Ourense”, en palabras do presidente da Deputación, Luis Menor.

Este ano a romaría fixará a súa mirada no oficio dos tradicionais “dulceiros”, co fin de poñer o foco na actividade artesanal dos doces, non só nas terras de Celanova, senón tamén ao longo e ancho das distintas comarcas da provincia de Ourense. Tamén se otorgará o premio honorífico “Adolfo Enríquez” a Concepción Fernández, irmá de “As isoliñas”, que durante máis de 50 anos fixeron os seus bolos en Celanova.

  • DÓNDE: VILANOVA DOS INFANTES
  • CUÁNDO: DESDE LAS 11,00 HORAS

LETRAS GALEGAS

Barbadás / “Foliada Letras Galegas”

A xornada da Foliada Letras Galegas contará coas actuacións da Banda Cultural de Barbadás, integrada polo alumnado da Escola Municipal de Música, coa charanga feminina Bicoia e con grupos como Lambisqueiras, Zoadeira e Cuncas de Son con cantos e música tradicional. Ademais, haberá unha comida popular con centenares de asistentes.

  • ONDE: PARQUE DOS CARRÍS
  • CANDO: DENDE AS 14,30 HORAS

Maceda / Acto institucional

O Concello de Maceda prepara unha xornada en celebración do Día das Letras Galegas. Comezará coa proxección do primeiro capítulo do documental “Luísa Villalta, a rebelión da palabra”. Posteriormente, lerase a “Declaración de unidade a prol da normalización da lingua galega”.

  • ONDE: SALÓN DE ACTOS DO CONCELLO DE MACEDA
  • CANDO: ÁS 12,30 HORAS

O Carballiño / Música popular

Durante a tarde deste venres, O Carballiño encherase de música galega tradicional polas súas rúas. Celebrando o Día das Letras Galegas, a banda de gaitas Os Catro Ventos interpretará na vila carballiñesa a obra musical “Noutrora, a historia dunha carta”.

  • ONDE: RÚAS DO CARBALLIÑO
  • CANDO: ÁS 19,00 HORAS

Verín / Actividades polas letras

A Praza García Barbón acollerá unha actuación de danza urbana contemporánea inspirada na obra de Xela Arias, Premio das Letras Galegas 2021. “Intempestiva”, interpretada e dirixida por Sabela Domínguez e Julia Laport, é unha expresión en movemento da fervenza creativa das novas xeracións. Gañadora de varios premios, esta obra ofrece unha excelente oportunidade para reflexionar sobre a importancia da arte e a identidade en tempos cambiantes.

  • ONDE:PRAZA GARCÍA BARBÓN
  • CANDO: ÁS 12,30 HORAS

FESTIVAL DE DEBUXO

Allariz / “Allariz Debuxando”

A ilustración encherá Allariz esta fin de semana, empezando polo día de hoxe con varias charlas coloquio, no festival Allariz Debuxando. Trátase dun punto de encontro entre profesionais, estudantes e afeccionados do sector para compartir experiencias e as súas creacións entre os veciños da localidade.

  • ONDE: SALA DE EXPOSICIÓNS A FÁBRICA
  • CANDO: ÁS 17,30 HORAS

EXPOSICIÓN

Ourense / “Silencio e materia”

Os ourensáns, así como os visitantes na cidade, poden gozar das exposicións que ofrece estes días o Centro Cultural Marcos Valcárcel. Unha delas é “Silencio e materia”, con obras de Xosé Cid. Unha mostra formada por diferentes esculturas para “facer falar a materia”.

  • ONDE: CENTRO CULTURAL MARCOS VALCÁRCEL
  • CANDO: DE 11,00 A 14,00 E DE 17,00 A 21,00 HORAS

Te puede interesar