Alba Cid gaña o premio de contos "Ourense 2010"

A ourensáAlba Cid Fernández, de 21 anos, acadou o Premio Ourense de Contos para a Mocidade que, na súa 27ª edición, convocaron a Casa da Xuventude e a Agrupación de Libreiros de Ourense, co patrocinio da Concellería de Cultura do Concello de Ourense, como contribución á festa do Día das Letras Galegas. Pola obra "Eu tamén souben de Oristzenbe" recibirá 800 euros, ademais de vela publicada.
Tamén se publicarán os catro accésit, que recaeron en Lucía Gil Iglesias, de Ourense, polo conto "O traxe de voda de Severino"; Miguel Ángel Rodríguez Fervenza, de Moaña (Pontevedra) pola obra "O respecto vai de escuro"; Enrique Bernárdez Reigosa, de Vigo, polo conto "Maldita pebida"; e Beatriz Parada Fernández, de Ourense, por "Unha última esperanza", este último, dentro do apartado de menores de 18 anos. Cada un recibirá 250 euros de premio.

Te puede interesar