TRIBUNALES

O alcalde de O Bolo, imputado por presunta prevaricación

A denuncia dos socialistas destapou feitoscomo a reiterada negativa de información sobre certas cuestións ou a non celebración de sesións plenarias extraordinarias solicitadas

Manuel Corzo, alcalde popular de O Bolo, está citado en calidade de investigago-imputado por presunta prevaricación.

A titular do xulgado de Primeira  Instancia e Instrución número 1 da Pobra de Trives acaba de citalo trala denuncia presentada hai case dous meses polos socialistas. Esa denuncia relata cómo o alcalde e a secretaria do Concello non facilitan, dende hai anos, a información e documentación solicitada para exercer o control da activade política e administrativa do goberno local. O rexedor deberá declarar asistido de avogado o próximo xoves 23 de febreiro ás 12 horas.

A denuncia destapou feitos graves, como a reiterada negativa de información sobre certas cuestións ou a non celebración de sesións plenarias extraordinarias solicitadas debidamente. O edil e voceiro socialista neste municipio do oriente ourensán, Juan Ferreira, asegura que “con esta ilegalidade antidemocrática coartan o noso traballo de forma intencionada”. “Este sería un bo momento para que o alcalde marchase por dignidade democrática e moral”, asevera Ferreira.

Na resolución xudicial coa que se incoou o inicio das dilixencias previas mediante un procedemento abreviado, a titular do xulgado trivés asevera que os “feitos presentan características que fan presumir a posible existencia do delito de prevaricación administrativa”. Durante a instrución do caso, a xuíza ordenou que o Concello do Bolo remitise testemuño da documentación relacionada cos expedientes e respostas solicitadas polos socialistas dende novembro de 2014, así como copia das instancias do PSdeG-PSOE nas que reclamaba a celebración de plenos extraordinarios que, segundo destapa a oposición municipal, nunca foron convocados.

Te puede interesar